Encontro Raizames sobre a cultura do Viño da Ribeira Sacra.
RAIZAMES é a primeira edición do Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra, que se celebra en Taboada os días 9, 10 e 11 de Xuño. Unha viaxe identitaria a través do tempo e a historia, que se mergulla no legado vitícola da Ribeira Sacra. A oportunidade de descubrir e desfrutar os viños da Ribeira Sacra, contextualizados no seu propio territorio e nas mans que os fan posibles. RAIZAMES é atmosfera viño, sentimento de celebración e encontro multidisciplinar entre almas apaixonadas polo viño, onde se respira cultura, territorio, sabiduría local, artes e coñecemento. Neste encontro haberá espazo para as charlas, o audiovisual, o sendeirismo,o patrimonio, a música, as persoas e o coñecemento técnico e cultural sobre o viño.
Trátase dunha actividade impulsada dende a Asociación de Comerciantes e Industriais de Taboada- ACIMTA-. Toda a programación en https://www.facebook.com/encontro.raizames