Cargando Eventos

Entroido Ribeirao no Moredo

O ano avanza e xa vai tocando o entroido. Un dos máis senlleiros que temos en Galicia é o Entroido Ribeirao, que nos agasalla con varias citas en Santiago da Riba, Chantada, e que foi declarado Ben De Interese Cultural. Volantes e pucho, peliqueiros e mecos pronto han danzar polas hortas e polo Moredo achegando a cor á aldea e volvendo encher de vida os fogares. Todo comezará o domingo 17 de febreiro, día no que a vila de  Chantada e  sobre todo a parroquia ribeirá que mantivo viva este entroido que é peza fundamental da tradición, da etnografía e do patrimonio inmaterial, contarán con convidados que alimentarán a festa e o espectáculo máis agardado.

Serán os Fulións Rurais de Viana do Bolo, os Peliqueiros e Parranfóns de Campobecerros, o Oso de Salcedo, do Brollón,  cos seus criados e os Troteiros de Bandel Tos eles desfilarán pola capital do Asma en agasallo á veciñanza da vila, e pola tarde espallaranse por Santiago de Arriba xunto cos seus anfitrións. Dese domingo, o Lambedoiro, en diante todo será festa deica o martes de entroido. No seguinte cartaz están os detalles para anotar as datas na axenda:

 

 

17 Febreiro, 2019 - 5 Marzo, 2019

12:00 a.m. a 6:00 p.m.

Chantada

O Moredo, Santiago de Arriba
Chantada, Spain
+ Google Map