Cargando Eventos

Escape Room Ribeira Sacra on line

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra xa ten dispoñible para descarga o escape room on-line “As 21 probas”. Trátase dunha viaxe virtual que pretende ser unha fonte de entretemento para grandes e cativos nesta etapa de corentena. Un reto divertido, viaxeiro e de coñecemento durante o confinamento.

Segundo explican dende a xerencia desta entidade, non se trata dun xogo como os de Búskalo, os escape rooms reais no territorio xa postos en marcha nas últimas campañas, onde a dificultade é maior e o entramado histórico e o fío codutor son compoñentes fundamentais dunha aventura que ten lugar en diferentes escenarios do propio terreo. Neste caso, “pretende estar ao alcance dos pequenos da casa, poñer sobre a mesa diversos xogos de enxeño, favorecer a diversión por riba de todo, reforzar os hábitos máis saudables que se nos recomendan dende as autoridades sanitarias e, ao mesmo tempo, coñecer recunchos da Ribeira Sacra que non sempre atopamos nas guías turísticas, pero que gañan valor por ese feito”.

Cada equipo que descargue o xogo entrará en 3 rankings diferentes. Este termo do xogo e todos os detalles aparecen na seguinte ligazón:  https://turismo.ribeirasacra.org/gl/novas/las-21-pruebas

22 Abril, 2020 - 8 Maio, 2020

Sin localización