Cargando Eventos

Esgrafiados itinerantes

Protagonista: Mar López Sotelo

O esgrafiado é unha técnica arquitectónica que se empregaba para enlucir e protexer os muros exteriores de pedra. Na Ribeira Sacra consérvanse moitos exemplos desta manifestación da arquitectura popular do rural galego. ‘Esgrafiados en la Ribeira Sacra’ é unha exposición fotográfica itinerante de Mar López Sotelo que do día 2 ao 31 de outubro estará no Centro Sociocultural de Sober. A inauguración sérá ás 19.00h.

 

2 Outubro, 2019 - 31 Outubro, 2019

12:00 a.m. a 12:00 a.m.

Sober

Praza do Concello s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map