Cargando Eventos

ESPECTÁCULOS E OBRADOIROS POR NADAL EN TABOADA

Protagonista: Concello de Taboada

Maxia, teatro, contacontos, música, circo, moitos obradoiros e mesmo karaoke. E si, por suposto, a visita dos Reis Magos. O concello de Taboada multiplica a súa actividade cultural por Nadal. Grandes e crianzas poderán gozar dunha axenda de eventos variada e moi atraente sen saír da vila, mellor dito sen moverse do salón de actos do Antigo Cuartel.

 

As artes escénicas abrirán a programación. O xoves 27 de decembro haberá un espectáculo de maxia ás 19 h. e o día 28 ás 19:30 h. terá lugar Queres que cho conte de Palimoco Teatro, unha peza teatral organizada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo en colaboración co Concello. O día 29 ás 19 h. haberá un contaciontos infantil que traerá o espectáculo Cuentos en un baúl.

 

O domingo 30 de decembro ás 17 h. haberá un concerto didáctico, Dúas pícaras ourensáns, que é parte do programa Nadal en rede da Secretaría de Política Lingüística da Xunta. O venres 4 de xaneiro ás 19 h. haberá un espectáculo participativo de circo que leva por título Sin medidas. E xa o sábado 5 de xaneiro as crianzas poderán atoparse cos Reis Magos na cabalgata e posterior recepción, entrega de agasallos e chocolatada no Salón de Actos.

 

Obradoiros para crianzas

 

Unha das actividades máis destacadas este Nadal en Taboada son os obradoiros e xogos de Nadal na Casa de Cultura. Cada un terá unha duración de 2 horas (de 11 h. a 13 h). O uns 24 terá lugar un obradoiro de arte decorativo, o día 26 un de postais de Nadal, o xoves 27 un de xogos de Nadal, e o día 31 un de teatro. Xa non 2019 o día 1 terá lugar un de Xogos de Nadal, o día 2 de papiroflexia, o día 3 o de construción de xoguetes e, por último o día 4 terá lugar o Karaoke de Nadal.

 

Imaxe: Tim Mossholder vía https://www.pexels.com

 

24 Decembro, 2018 - 5 Xaneiro, 2019

11:00 a.m. a 9:00 p.m.

Taboada

Avenida de Lugo, 61
Taboada, Lugo 27550 Spain
+ Google Map