Cargando Eventos

Estrea de ‘La Fiesta’, Fábrica de Espejos

Protagonista: Fábrica de Espejos

Estes días nos que nos paramos máis nos eventos a distancia ou en liña, e no noso caso nos talentos locais, compartímosvos un anaco da nosa axenda caseira para que coñezades o novo tema e o novo videoclip da formación Fábrica de Espejos. ‘La fiesta’ é o título desta peza do grupo que nacía na parte chantadina e taboadesa da Ribeira Sacra e que se lanza da man dun vídeo dirixido por outro artista da zona, Alberto Alcántara. Aí vos deixamos a ligazón en Vimeo.com por si queredes asomarvos a este avance do vindeiro disco de Fábrica. O traballo completo chegará para o verán baixo o título ‘Mundo Incierto’. Hoxe, un pouco de ‘fiesta’ co adianto que estrean en exclusica en rockdeluxe.com

 

http://www.rockdelux.com/

17 Marzo, 2020 - 17 Abril, 2020

Chantada

Spain
+ Google Map