Cargando Eventos

Eu tamén pinto no meu concello

Debuxar o que pintas no teu concello. Esa foi unha das actividades do confinamento en Nogueira de Ramuín. O Concello lanzou a iniciativa para que os nenos e as nenas crearan un debuxo alusivo ao territorio ou á situación en compaña das familias. Garabatos, pinturas, debuxos ou collage son válidos para expresar nesta actividade, e todos recibirán algún premio e sumaranse aos xa recibidos anteriormente rematando, cando as normas o permitan, nunha exposición física dos orixinais.

Agora a actividade amplía o seu prazo deica o 15 de xuño. As achegas poderanse facer fisicamente no Dpto. de Cultura ou ben enviar fotografias dos traballos ao correo electrónico cultura@nogueiraderamuin.gal ou ao número de WhatsApp 679446216.

 

Nogueira de Ramuín

Spain
+ Google Map