Cargando Eventos

Retrospectiva do artista Manuel Jorge

A exposición Manuel Jorge. Obras pictóricas 1958-2017 achéganos á obra deste artista nunha mostra que ten dous espazos expositivos: o Museo Provincial de Lugo e o Auditorio Municipal de Chantada. Trátase dun percorrido  pola obra deste reputado arquitecto e pintor de 89 anos natural da vila do Asma e afincado en Xàbia. Máis de 2000 obras compoñen unha obra íntegra -nunca vendeu obra- e agochada durante máis de corenta anos na intimidade do seu estudio. Un comisariado de Alba Sánchez tráenos o máis novo da obra de Manuel Jorge, obra abstracta que se caracteriza pola súa intensa cor. É a segunda exposición que este artista fai en Galiza tras Pinceladas galegas, trazos mediterráneos. 

Horario de visita: 
Venres: de 17h a 20h
Sábados e domingos: de 11h a 13:30 
Visitas concertadas: 658974263
 

15 Setembro, 2018 - 11 Novembro, 2018

Chantada

Praza de Galicia
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map