Cargando Eventos

Exposición fotografías históricas de Portomarín-Foto Pereira

O Grupo Fonmiñá, organizador da Semana de Cine de Lugo, rendeu homenaxe ao fotógrafo de 91 anos, José López-Foto Pereira, de Portomarín en Lugo.

O grupo puxo de manifesto a singular aportación deste veterano fotógrafo á historia do sur da provincia de Lugo, con especial incidencia nos concellos de Portomarín e Paradela, tendo arquivados 45.000 clichés que están sendo dixitalizados para a súa conservación e difusión no futuro. O máis destacado deste labor fotográfico é a magnífica colección de fotografías dos monumentos, xentes, paisaxes e vida do vello Portomarín,  que acabou mergullado nas augas do Miño  coa construción do pantano de Belesar.

Na praza principal de Portomarín, este nonaxenario fotógrafo mantén aberta unha de exposición onde mostra imaxes inesquecibles daquel fito do Camiño de Santiago, que hoxe so permanece na memoria, e nas fotografías de José López-Foto Pereira.

Pola súa parte no acto levado a cabo na cidade da Muralla este 26 de novembro participaron, ademais de membros do Grupo Fonmiñá, Maite Ferreiro, Concelleira de Cultura e Vicepresidenta da Deputación Provincial de Lugo; Javier Arias, Delegado Territorial da Xunta de Galicia; a Directora da Biblioteca Provincial, María Elena García Pazos; e o musicólogo, crego e escritor Xesús Mato.

26 Novembro, 2020 - 15 Decembro, 2020

8:00 a.m. a 5:00 p.m.

Portomarín

Portomarín, Lugo 27170
+ Google Map