Cargando Eventos

Exposición ‘Máis alá do raizame’

Protagonista: Casa da Cultura de Chantada

Un proxecto expositivo composto por vintecinco pezas baseadas na interpretación de elementos naturais, máis concretamente raíces de árbores autóctonas. Esta é a proposta de Domingo Ribao Docampo, cuxa exposición ‘Máis alá do raizame’ poderemos visitar na Casa da Cultura de Chantada do 3 ao 28 de decembro. Natural de Cambeo este artesán formado na Escola de Artes e Oficios de Ourense é tamén membro da Asociación de Artesáns de Ourense. Domingo adícase á talla dende 2005 e leva ás costas unhas catorce exposicións. A súa escultura é alén dun obxecto unha experiencia: a de saír ao monte sen outra idea de atopar o que a natureza teña ben a ofrecerlle e a súa imaxinación poda transformar. A partir de raíces e troncos de diferentes árbores como castiñeiros ou salgueiros e a través dun proceso de depuración do material subtrae elementos e interpreta formas. Así de raíces de carballo saen quenllas ou caracois entre outros. A exposición é de acceso libre en horario da Casa da Cultura.

 

Horarios

De luns a venres: de 10h a 14h e de 16h a 20h

Sábados: de 11h a 14h

3 Decembro, 2018 - 26 Decembro, 2018

8:00 a.m. a 5:00 p.m.

Chantada

Praza de España, 6
Chantada, Lugo Spain
+ Google Map