Cargando Eventos

Feira das Cabras en Merlán

A Feira das Cabras da parroquia de Merlán, en Chantada celébrase actualmente unida á festa do San Cibrao, a mediados do mes de setembro. Pese a ter experimentado nos últimos anos algunhas mudanzas que lle dan outra vida, ten trazos da súa antiga orixe relacionada co mundo do viño. Nesta fin de semana do 13 ao 15 de setembro a parroquia chantadina revive a compra venda de cabras, a reivindicación deste tipo de gandería, o ambiente lúdico típico das festas parroquiais de hoxe en día e a procesión relixiosa. Xunto ao reclamo gastronómico son alicientes dunha cita ben curiosa que paga a pena coñecer.

13 Setembro, 2019 - 15 Setembro, 2019

Chantada

Merlán
Chantada, Lugo 27517 Spain
+ Google Map