Cargando Eventos

Feira das cereixas e do viño de Belesar

Vaise achegando o tempo de subir ás cerdeiras e gozar do máis saboroso das ribeiras. As do Miño celebran os días 17, 18 e 19 de maio a fermosa feira do viño e das cereixas en Belesar. Entre os concellos de O Saviñao e Chantada esta localidade será a sede para catar os viños da zona, a gastronomía típica e os primeiros froitos da tempada. Música a cargo de grupos de gaitas e do dúo Meritxel, pregón pronunciado por José Maril Sánchez, presidente da Fundación Semana Verde, e concurso de aturuxos.

 

17 Maio - 19 Maio

Chantada

Belesar
O Saviñao, Lugo 27540 Spain
+ Google Map