Cargando Eventos

Feira do Libro

Monforte celebra a XXII Feira do Libro que se prolongará deica o deica o día 31 de agosto. As casetas na rúa cardenal estarán abertas de de 11 a 14 horas e durante a tarde de 19 a 22 horas. Serán catro xornadas de actividades como presentacións de libros, actividades infantís e sinaturas das obras por parte dos seus autores. Novos libros e novas historias e viaxes dendeo papel están a disposición do público que visite a cidade do Cabe. A feira inaugúrase o mércores 28 ás 19 horas co pregón a cargo da poetisa de A Pobra do Brollón, Olga Novo, e a actuación da Banda de Gaitas de Monforte. Ese mesmo día vaise presentar Feliz Idade, da propia Olga Novo..

O xoves 29 ás 19 h. presentacións, Estrelas de Manteiga de Isabel Porto Collazo, por Sar Alejandría; ás 20 h. terá lugar a presentación da Guía del Camino de Invierno a Santiago, de Aida Menéndez; é ás 21 h., Relatos de 70 mm. cos autores Margarita Rodríguez Otero, Fernándo Hernández e Sandra R. Fernández.

O venres 30,  19 horas un concerto-presentación para os máis pequenos da casa A nena e o grilo, máis aló, con Magín Blanco (Galaxia). Ás 20 h, a presentación de Contodamina, de Rafa Lobelle . E ás 21 h, O lugar que non hai, de Estevo Creus.

A feira rematará o sábado 31. Ese día tamén terán lugar varias presentacións: ás 12 h,
Bailando sobre el parqué de Óscar Quant ; ás 13 h. Actrices Secundarias de Clara do Roxo ; ás 19 h, concerto-presentación de Cantamos de Luís Vallecillo; e ás 20 h.presentación de Soños de chicolate de Antón
Valcarce.

 

 

28 Agosto, 2019 - 31 Agosto, 2019

Monforte de Lemos

Monforte de lemos, Lugo 27400 Spain
+ Google Map