Feira do Viño de Chantada
Chantada é o nome da feira do viño máis máis madrugadora da Ribeira Sacra. A cita co viño das ribeiras chantadesas regresa ao seu tempo habitual e terá lugar dende o venres 10 de marzo deica o domingo 12 de marzo. Degustación de viños, catas populares e cata oficial, música e pasacalles sen faltar as verbenas e a gastronomía estarán presentes como cada ano, salvo os da pandemia, na vila do Asma. Está prevista tamén a presenza de empresarios e artesáns locais e de toda a comunidade que porán á venda os seus produtos.
Non faltarán os postos gastronómicos e a representación dos valores turísticos do municipio co protagonismo do sector vitivinícola.
Foto: Turismo Concello de Chantada