Cargando Eventos

Feira do Viño e Mes do Amandi

Protagonista: Concello de Sober

Sábado 23 de marzo

-Ás 20:00 h. no Centro Sociocultural de Sober, concerto do grupo de saxofóns do Conservatorio de Ourense. Ao remate, brinde con viño de Amandi.

Xoves 28 de marzo

-De 12:30 a 14:30 h. na Escola de Hostalería de Rosende, Xornada de Maridaxe: Viño de Amandi con Faba de Lourenzá I.X.P./ Ás 12:00 h. na Praza do Concello presentación da ‘Caravana do Amandi’. Está previsto que a caravana visite na primeira semana de abril a localidade de Escairón-O Saviñao e a cidade de Lugo.

Venres 29 de marzo

-Ás 12:30 h. na Oficina Municipal de Turismo presentación da Exposición de fotografía ‘Viña Sacra’. Fotografías gañadoras do II Concurso fotográfico Christina Snellman de Amigos de Manuel Jorge de Chantada.

Venres 29 de marzo

-Ás 16:30 h. os participantes nas ‘Merendas con Contos’ da Biblioteca fan unha visita didáctica a viñedos de Amandi.

Sábado 30 de marzo

-Ás 11:00 h.s recepción na Rectoral de Gundivós á Delegación do Concello de Vedra que visita Sober dentro das Xornadas Técnicas de Promoción e Difusión da Cultura do Viño, organizadas pola Asociación Cultural e de Festexos Populares ‘San Miguel de Sarandón’.

Sábado 30 de marzo

-Ás 20:00 h. no Centro Sociocultural, Concerto da Banda Nova de Allariz. Ao remate, brinde con Viño de Amandi.

Mércores 3 de abril

-Ás 19:00 h. na Biblioteca Publica Municipal de Sober, presentación do libro ‘O alén dos barqueiros’ de Anxo Muíños e Humberto Loureiro.

Xoves 4 de abril

-De 10:00 a 14:00 h. no Centro Sociocultural de Sober, 1º Concurso de sumilleres.

Venres 5 de abril

-De 10:00 a 12:30 h. visita didáctica para alumnos do CEIP Virxe do Carme ao románico de Sober.

Martes 9 de abril

-De 9:00 a 14:30 h. no Centro Sociocultural de Sober, Xornada técnica: retos  e innovacións. Os viños rosados en Galicia. da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia-EVEGA.

Mércores 10 de abril

-Ás 11:00 h. no Centro Sociocultural, presentación da Tarxeta Postal prepago co Debuxo Gañador do Concurso de Debuxo Infantil convocado entre escolares da comarca.

Exposicións

Do 13 ao 30 de abril no Centro Sociocultural de Sober estarán expostos os carteis presentados ao concurso de carteis da XXXIX Feira do viño de Amandi e os debuxos presentados o V Certame de debuxo infantil/ Do 29 de marzo o 30 de abril na Oficina Municipal de Turismo estará exposta a colección de fotografías ‘Viña Sacra’. Fotografías gañadoras do II Concurso fotográfico Christina Snellman da Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada.

Talla con motoserra

O escultor Eugenio Linares fará una exhibición de talla con motoserra nos xardíns da Praza do Concello durante as xornadas do 13 e 14 de abril.

Curso de galego e español para estranxeiros. Vocabulario Turístico.

Dende a Oficina Municipal de Turismo organízase un Curso de Español para estranxeiros orientado a Casas de Turismo Rural, vivendas vacacionais e apartamentos turísticos. Celebrarase durante a primeira semana de abril.

 

PROGRAMACIÓN PARA OS DÍAS DA FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

Sábado 13 de abril

-Ás 12:00 h. Apertura Oficial a cargo de Adega Don Bernardino en lembranza a seu fundador Bernardino Rodríguez.

-Ás 12:15 h. Actuación dun Grupo de Música Tradicional.

-Ás 17:00 h. Comezo da Precata Oficial na Sala de Catas do Oficina Municipal de Turismo.

-Ás 17:00 h. Actuación dun Grupo de Musica Tradicional.

-Ás 18:30 h. Concerto da Banda de Música de Sober.

-Ás 20:00 h. Concerto de María do Ceo no Auditorio do Centro Sociocultural de Sober.

-Ás 21:30 h. Actuación da Charanga Louband na Praza do Concello.

-Ás 23:00 h. Actuación de SR. Jingels na Praza do Concello.

-Ás 00:00 h. Actuación de Gin Tonic’s na Praza do Concello.

Domingo 14 de abril

-Ás 10:45 h. Actuación da Charanga NBA.

-Ás 11:00 h. Pasarrúas coa Banda de Música de Sober.

Ás 11:30 h. Comezo da Cata Oficial na sala de catas do Centro Sociocultural de Sober.

Ás 11:30 h. Misa Solemne coa Bendición de Ramos, na Igrexa de Sober.

-Ás 12:30 h. Recepción de Autoridades na Casa do Concello.

-Ás 12:45 h. Actuación da Banda de Música de Sober.

-Ás 13:00 h. Pregón a cargo de María do Ceo.

-Ás 13:30 h. Entrega de Premios.

-Ás 17:00 h. Actuación da Charanga NBA.

-Ás 19:30 h. Baile coa orquestra Los Satélites.

13 Abril, 2019 - 14 Maio, 2019

Sober

Praza do Concello s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map