Cargando Eventos

Feira Medieval Guímara

A Pobra do Brollón volve ao pasado medieval o sábado 13 de xullo a VI edición da Feira Medieval Guímara. Trátase dun evento festivo en  lembranza da revolta desenvolvida pola veciñanza da Pobra contra o Conde de Lemos polo cobro de impostos a este territorio. Segundo relatan na web municipal, “cóntase que os homes e  as mulleres de Brollón resistiron ás tropas do Conde, que finalmente derrotou  ao pobo. Dende este feito chamóuselles aos habitantes da zona Guímaros, co significado de rudos, valentes e desconfiados”.

A festa comezará ás 12.00h. co pregón a cargo da poeta guímara Noa Moreira. Ás 12.45 será a representación da revolta por parte dos veciños e veciñas do Concello. Ás 14.30h. está previsto o xantar popular no campo da feira, para participar Pola tarde, ás 17.30h café-concerto de Cé Orquestra Pantasma. Ás 18.30h. o arqueólogo Xurxo Ayán guiará unha visita polo casco antigo da vila da Pobra. Ás 19.30h. xogos para a rapazada para os que é preciso anotarse no teléfono 650 624 828. Ás 20.30h. pasacalle cos percusionistas  Aperca e cantos de cego. Ás 21.30h. actuación do humorista Celso Sanmartín e ás 22.30h. novo espectáculo de rúa e peche de novo co grupo Aperca.

 

Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón, Lugo 27330 Spain
+ Google Map