Cargando Eventos

Festa acuática con inchables

Protagonista: Concello de Sober

As piscinas de Sober serán este xoves, 18 de xullo, o lugar dunha das festas preferidas das nenas e nenos. Únense xogos inchables para brincar con auga, case un pequeno parque acuático trasladado á vila para seguir enchendo o verán de lembranzas. De 13.00H a 20.00h as instalacións serán o gran parque de atraccións por un día.

 

Sober

Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map