Festa do Caldo de Ósos
Taboada xa preprara súa meirande cita gastronómica. O inverno pide pratos de culler e poucos hai tan singulares coma o caldo de ósos, elaborado coa base da carne de porco despois das matanzas e outros ingredientes da terra. Será os días 2 e 3 de marzo con actividades paralelas en distintos eidos e en colaboración coa comunidade local. Iremos desvelando a programación nos vindeiros días. Polo momento xa coñecemos o cartaz desta 28º edición que foi elaborado polo artista Jon González, afincado en Chantada e que foi deseñada a través do concurso impulsado dende o Concello na procura do mellor traballo.
Ademais da degustación gratuíta, que terá lugar o domingo na praza da vila, os restaurantes ofrecerán menús durante esa e outras fins de semana.