Cargando Eventos

Festa dos Fachós de Castro Caldelas

Protagonista: Concello de Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas celébrase o 19 de xaneiro na véspera do día de San Sebastián, comeza ao caer a noite, cando se prenden os fachós de palla para iniciar un percorrido máxico de lume no que os veciños levan cadansúa antorcha e no que tamén está presente a imaxe de San Sebastián. As rúas en oscuridade do casco vello e o contorno do Castelo medieval son o percorrido ritual, antes de que o lume  dos fachós se vaia disipando e vaia rematando de novo no punto de saída, fronte á igrexa dos Remedios. Alí, unha gran cacharela e a música popular completan esta cita ancestral que conecta con outras tradicións como as fachas de agucios dos castros de Castelo, en Taboada, tamén folións de vésperas. Non falta a chourizada ou pancetada para facer redonda a velada.

19 Xaneiro, 2019

9:00 p.m. - 11:30 p.m.

Castro Caldelas

Castro Caldelas Ourense Spain
+ Google Map