Cargando Eventos

Festa dos Fachós

Protagonista: Concello de Castro Caldelas
En Castro Caldelas o domingo 19 os fachós volverán sair á rúa. O lume purificador e o San Sebastián non fallarán á cita coa tradición. Os fachós feitos de palla percorrerán a vila dando a volta arredor do castro para fundirse nun gran lume diante da igrexa dos Remedios.
Unha festa da que hai constancia por escrito dende 1763 e cuxa orixe é descoñecida malia diferentes hipótesis. A Festa dos Fachós é Festa de Interese Turístico. Comeza a partir das 18:30 h. e haberá música, chourizos, pan e viño da Ribeira Sacra.

19 Xaneiro, 2020

6:30 p.m.

Castro Caldelas

Castro Caldelas Ourense Spain
+ Google Map