Cargando Eventos

Festa da malla tradicional

Protagonista: AAVV Tuiriz/ Comunidade Montes Ferroedo

Na parroquia de Tuirz, en Pantón, as veciñas e veciños e a comunidade de montes do Ferroedo decidiron recuperar unha malla tradicional. Este traballo agrario representa unha chea de valores de unión veciñal e comunal que se foron perdendo co desenvolvemento de ferramentas e novos sistemas de produción e alimentación. Por segundo ano consecutivo a veciñanza de Tuiriz volverá unirse para separar o cereal ( centeo, trigo, avena…) da palla e rememorar o traballo típico da metade e do final dos veráns do pasado. Será en forma de representación e festa con xogos tradicionais e unha demostración de talla de madeira con motoserra o vindeiro 18 de agosto. A mañá de 10.00h. a 14.00h. estará amenizada polo grupo musical As Viquingas.

 

18 Agosto, 2019

10:00 a.m. - 2:00 p.m.

Pantón

Tuiriz
Pantón, Lugo Spain
+ Google Map