Cargando Eventos

Festas dos Milagres en Taboada

Protagonista: Concello de Taboada

Taboada non renuncia ás súas festas e do 6 ao 9 de agosto a veciñanza poderá manter esa certa sensación dos días sinalados a través de varias actividades. O Concello de Taboada ten lista unha programación que, loxicamente, se levará a cabo a través do cumprimento das medidas de protección e seguridade que require neste momento a pandemia do Covid-19.

O venres, 6 de agosto, contarán un ano máis coa actuación da banda Gin Toni´s. Este grupo, nado no Saviñao como unha formación de versión de pop-rock español e un repertorio propio, ofrecerá a taboadeses/as e aos seus seguidores un concerto a partir das das 22.30 h. na Alameda.

O sábado, 7 de agosto, non faltarán os actos relixiosos ás 13.00h. e despois terá lugar un pasacalle a cargo da Banda de Antas de Ulla antes dun concertó da devandita agrupación. Nesta mesma xornada as rúas seguirán lembrando que Taboada está en festas cun pasacalle de grupo de gaitas ‘Afogapalletas’. Xa cara á noitiña outro percorrido coa charanga ‘Ardores’ e concertó ás 22.30h na Alameda.

O domingo haberá misa ás 13.00h na Alameda e actuación da Coral Polifónica de Taboada. Acto seguido comezarán as notas da banda de Chantada, que ofrecerá un concerto no mesmo lugar á hora do vermú. X apola tarde, ás 19.30 será a quenda da música local coa actuación do grupo de gaitas e baile ‘Os D’Eiquí’. Á noite, novamente ao aire libre, haberá ás 22.30h. concertó da Banda de Chantada.

O luns, día 9, para poñer o colofón destes festexos adaptados a este tempo de restriccións e medidas de protección sanitarias, os xogos de mesa serán os protagonistas para o público infantil e familiar. Será dende as 16.30 h. e deica ñas 19.00h. na Alameda, o centro de todas as actividades desta edición.

Cara á noite, ás 20.30h, pasacalle e actuación do grupo local de música tradicional ‘Os Rechouchíos’. A noite será de cine coa proxección da comedia galega ‘Cuñados’ ás 2.30h.

A todos os concertos, de balde, poderase asistir aos concertos con rexistro de asistentes no momento e gardando as normas de seguridade e protocolo anti Covid. O público deberá permanecer sentado nas cadeiras e con máscara. As nenas e os nenos deberán estar acompañados de persoas adultas ao seu cargo.

 

 

6 Agosto - 9 Agosto

Taboada

Taboada, Lugo 27550
+ Google Map