Cargando Eventos

Festas dos Milagres Taboada

Protagonista: Concello de Taboada

Unha programación alternativa, tranquila e ao aire libre polas datas das festas patronais de Taboada é o que se propón este verán no que as medidas de seguridade sanitarias deben estar sempre presentes.

O venres 7 de agosto a Alameda será escenario para as actuacións das formacións Fábrica de Espejos e TEA ( Terror Erótico Adolescente).

Xa o sábado, 8 de agosto, haberá miás ás 13.00h e concerto da Banda de Antas de Ulla ás 14.00h. e de novo ás 22.30h, na Alameda.

O domingo, 9 de agosto, despois da misa solemne, tamén ás 13.00h. haberá actuación da Banda de Taboada xunto coa Banda de Sober e pola noite, concerto desta última.

Xa o luns, festivo no municipio, terá lugar pasacalle a cargo da agrupación local de música tradicional Rechouchíos. A noite rematará con cinema, coa proxección do recoñecido filme ‘O que arde’ de Oliver Laxe na Praza de Riazón ou Alameda.

Entretanto nestes días tamén terán lugar distintas actividades para as nenas e os nenos da casa como é a organización de xogos populares.

 

7 Agosto, 2020 - 10 Agosto, 2020

Taboada

General Muinelo, 1
Taboada, Lugo 27550 Spain
+ Google Map