Cargando Eventos

Festival 17º Graos Ribeira Sacra

Protagonista: Festival 17º Ribeira Sacra

Xa non queda nada para unha nova edición do Festival 17º que se reparte en distintos escenarios da Ribeira Sacra. Entre o Miño e o Sil, máis dunha ducia de eventos entre o 31 de xulo e o 2 de agosto. Desta volta, o aforo estará máis restrinxido por motivos de seguridade sanitaria. Algúns espectáculos requiren de abonos por días e outros son abertos, coma o caso do concerto de Guadi Galego en Chantada, para o que haberá, de todas formas, que facer unha reserva de praza a través do correo info@festivalribeirasacra.com

Todo comezará o venres 31 na adega Regina Viarum como punto de acreditación, e posteriormente terá lugar un concerto sorpresa no catamarán de Doade. Cara a noite será novamente a adega Regina Viarum o lugar para a música coas actuacións de Cassete Pirata e Ele. Xa o sábado o Miradoiro de Santiorxo acollerá o concerto de Momboi pola mañá, e pola tarde Elba e Best Boy estarán na adega Algueira de Doade. Ás 21.00h. Xoel López e Os Amigos dos Músicos voltarán levar a programación ás instalacións de Regina.

O peche será novamente este ano en Chantada, a Praza de España servirá de escenario para os Guadi Galego con acceso de balde mediante reserva. Será para a sesión vermú ás 13.30 h.