Cargando Eventos

Festival 17º Ribeira Sacra

Protagonista: Festival 17º Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra segue a ser escenario festivaleiro. Esta fin de semana do 18, 19, 20 e 21 de xullo regresa o Festival 17º Ribeira Sacra e faino cunha primeira quenda centrada en múltiples escenarios da provincia de Lugo. É o Ribeira Sacra Paisaxe que achegará accións gastronómicas e musicais en espazos naturais, adegas e tamén monumentos. Desta volta contará con artistas como Los Enemigos, Delafé, Kevin Johansen ou Marem Ladson dentro dun cartel moito máis amplo e itinerante.
Na fin de semana do 26 e 27 de xullo a acción está servida noutro dos festivais tranquilos e familiares que acolle este territorio. Centrarase desta volta na Ribeira Sacra ourensá, con propostas como rutas de sendeirismo e de patrimonio, intervención artística coa colaboración de Adolfo Domínguez no parador de Santo Estevo e concertos como os de os Amigos dos Músicos ou Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre, entre outros.

Para consultar toda a programación, horarios e prezos: https://festivalribeirasacra.com