Cargando Eventos

Festival Agrocuir da Ulloa

Protagonista: Colectivo Agrocuir da Ulloa

Os días 30 e 31 de agosto chega unha das citas preferidas deste soplor do verán. Non é na Ribeira Sacra, pero si en terras veciñas e queridas coma as da Ulloa. Concretamente son dúas xornadas de conferencias, deporte, teatro, gastronomía, concertos, sesións de DJ’s, cantos de taberna, obradoiros de moitas disciplinas artísticas, creativas e de base social e sobre todo de festa, unha festa para reivindicar as diversidades dende o rural. O xénero, a sexualidade… e tantas outras condicións e diferenzas que están presentes tamén máis aló da vida urbana. Un rural diverso que se amosa e se naturaliza e que novamente se simboliza festival único. Os escenarios dividiranse en distintos lugares da vila de Monterroso e boa parte das accións do sábado serán no souto do Caracacho. Haberá unha ecoxincana impulsada polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Este ano o festival non ten entrada. O acceso é libre! Para apoiar a organización do Festival, podes participar na campaña de crowdfunding a través do seguinte enlace: https://www.goteo.org/project/vi-festival-agrocuir-da-ulloa

 

 

30 Agosto, 2019 - 31 Agosto, 2019

Monterroso
Monterroso, Lugo 27560 Spain
+ Google Map