Cargando Eventos

Festival Científico na Pobra do Brollón

O II festival Científico de Galicia celebrarase na Pobra do Brollón os días 17 e 18 de xullo. Unha serie de conferencias, percorridos, presentacións de libros e proxectos complementan os debates sobre temáticas como a arqueoloxía, a natureza, as especies, o camiño de inverno, gastronomía,astronomía, fauna mariña, experimentos a través dunha sesión vermú científica con cata radiocientífica.

As visitas a xacementos, miradoiros, degustacións, viño…

Investigadores como Xurxo Ayán, Castro Rivadulla ou Luisa Martínez e escritores como Claudio Rodríguez Fer cun recital sobre as árbores da vida teñen intervencións neste completo programa de mañá e de tarde durante toda unha fin de semana de ciencia comunicada á cidadanía. As citas son en distintos espazos da vila, da parroquia de Cereixa e doutros lugares do municipio.

 

 

Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón, Lugo 27330 Spain
+ Google Map