Cargando Eventos

Festival coral das Letras Galegas

Protagonista: Coral Polifónica de Chantada

A Coral polifónica de Chantada dedica o concerto das Letras Galegas na vila do Asma a Antón Fraguas. Será un acto presentado por Beatriz Pérez Pereira, guía turística e veciña de Chantada. No festival das letras, ademais do grupo anfitrión participará o Coro Infantil da Academia de Chantada e a formación Agarimo de Torneiros. Será un repertorio de temas e cantigas populares galegas na súa meirande parte. O concerto, de balde e aberto a todo o público, terá lugar no auditorio municipal de Chantada ás 19.30 h. o sábado 18 de maio.

18 Maio, 2019

7:30 p.m. - 9:00 p.m.

Chantada

Praza de Galicia
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map