Cargando Eventos

Festival do Paradiso

Protagonista: Náufragos do Paradiso

A oitava edición do Festival do Paradiso, que se celebrará Parque dos Condes de Monforte de Lemos este sábado, 7 de setembro está novamente organizada por Naufragos do Paradiso e conta coa colaboración do Concello de Monforte e o apoio do colectivo FemForte, que colabora coa instalación no festival dun “punto lila” para atención e prevención contra a violencia machista. Tamén colabora a Deputación Provincial de Lugo

A actividade do Festival dará comezo a partir das 12:00 horas, coa celebración dunha sesión vermú, un xantar popular e a continuación unha “Timba Poética” a micro aberto onde poderán participar todos aqueles que o desexen. Contará ademais cunha zona adicada á venda de vinilos e de artesanía. As actuacións son de balde e o seguinte é o cartaz do festi con información da propia organización:

 

High Paw & Elephants Yard: The Dub Yard Records presenta un proxecto musical que mestura o reggae de raíz coa influencia da música urbana.  Elephants Yard é unha banda de veteráns da escena reggae galega que unen as súas forzas coa nova e prolífica cantante viguesa High Paw para crear un espectáculo potente e variado, onde viaxamos dende ritmos cálidos de Xamaica como o rocksteady ata sons máis modernos como o do hip hop.  En 2018 realiza unha exitosa xira por México acompañada en varios concertos pola súa banda. El Tarot de Thoth: Banda monfortina de versións clásicas do heavy formada por músicos procedentes doutros grupos da zona sur de Lugo: Tiji , Chemón (ex-Anger) e Adrián Levices (ex-Liviao de Marrao) ás cordas e completado por Ciego (batería) e Lore Vidal (vocalista). Los Pontiaks :Formación viguesa cunha mestura de boogie, rock´n roll clásico, exótica e swing. Ademais do seu son rítmico e compacto tamén destacan pola súa estética en escea (esmóquines, caveiras e cascos prusianos). Unha combinación que manterá os vosos esqueletos en movemento. The Lelli Kellys: Despois de 3 anos xirando por locais e salas do país, e de participar durante o 2018 en festivais como o Galegote Rock, o Festigal, ou o Verdoejo Art Rock entre outros, The Lelli Kelly’s ofrecen un directo que destila rock’n’roll clásico, punk e rythm&blues

 

Aparcamento Parque dos Condes
Monforte de Lemos, Lugo Spain
+ Google Map