Cargando Eventos

Festival do Viño da Ribeira Sacra

Protagonista: Concello de Monforte

Os días 5, 6 e 7 de xullo, Monforte terá a súa gran cita co viño. O terceiro Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte conta con distintas propostas ademais da presencia dun total de 25 adegas da D.O. que ofrecerán os seus viños a carón do río Cabe, no paseo do Malecón. Trátase dun evento para todos os públicos con accións diversas dende rutas e aventura sobre a paisaxe e a gastronomía, talleres artesanais, rutas enoturísticas e históricas e varios concertos e actuacións na Praza de España con propostas de estilos ben distintos. Haberá actividades dirixidas especificamente ao público infantil con contacontos.
A programación completa e as reservas poden consultarse no tríptico

TRIPTICO Programa Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte 2019

5 Xullo, 2019 - 7 Xullo, 2019

Monforte de Lemos

Paseo do Malecón
Monforte de Lemos, Lugo 27400 Spain
+ Google Map