Cargando Eventos

Festival musical de fin de curso

Do 23 de maio ao 15 de xuño a Casa da Música de Chantada amosará o seu traballo a través de diversas actuacións semanais abertas ao público. Trátase dunha nova edición do festival de fin de curso. O alumnado das máis diversas disciplinas que imparte esta escola levará a cabo concertos e exhibicións colectivas e individuais durante as vindeiras semanas. Poderemos gozar de pequenos espectáculos musicais dende a música clásica á moderna, dende o piano deica a guitarra elétrica e dende o ballet á danza actual.

23 Maio, 2019 - 15 Xuño, 2019

Chantada

Praza de Galicia
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map