Cargando Eventos

Fin de semana de maxia e humor en Caldelas

O sábado 1 de agosto o Castelo de Castro Caldelas acollerá un espectáculo de humor a cargo do actor Serxio Pazos. Leva por título Contaxiándonos de Humor e terá luar ás 22.00h. no Concello de Castro Caldelas. Entra dentro da programación itinerante da Rede de Auditorios Provincial de Ourense.

Xa o domingo, haberá evento na Praza do Prado. A maxia substitúe ao humor como protagonista a partir das 19.00 h. O protagonista será o Mago Xocas.

En ámbolos dous espectáculos, de balde, o aforo é limitado ata completar prazas.

1 Agosto, 2020 - 2 Agosto, 2020

Castro Caldelas

Castro Caldelas Ourense Spain
+ Google Map