Cargando Eventos

Folión das Fachas en Vilelos

Protagonista: AAVV San Martiño de Vilelos

Na parroquia de Vilelos, no Saviñao, celebran o último venres de setembro, desta volta o 27, o Folión das Fachas, unha vez que veciñas e veciños teñan listos os seus fachizos para a gran procesión de lume que os conducirá á media noite deica o Castro da Besta. Ao igual que na parroquia taboadesa de Castelo estamos a falar dunha tradición ancestral, posiblemente castrexa, pero neste caso as fachas ardendo son transportadas polos veciños deica a cima do castro. Lume en movemento para ascender e descender de novo rodeadas de maxia ata que se consuma a última facha. De novo é a veciñanza a encargada de reunir a planta dos agucios para compoñer cada unha das fachas, case sempre unha como mínimo por cada casa da parroquia. Unha cea popular a base de torriscos é a proposta previa, arredor das 22.00 h. e as actuacións musicais servirán para adiantar e prolongar esta luminosa cita cuxa orixe se perde na noite dos tempos. Os Druídas e Fillos do Estramonio son as propostas para esta edición 2019.

A  parroquia de Vilelos viaxa así ao pasado a través dunha iluminación secular que se pode contemplar dende moitos puntos afastados da comarca.

27 Setembro, 2019 - 28 Setembro, 2019

10:00 p.m. a 12:00 a.m.

O Saviñao

Vilelos
O saviñao, Lugo 27540 Spain
+ Google Map