Cargando Eventos

Fotografía, espectáculo e música en Ferreira

Este domingo, 22 de agosto, conflúen na capital de Pantón varias iniciativas unidas que farán da xornada unha verdadeira festa. A entrega de premios do Concurso de fotografía Red Ribeira Sacra, impulsado por Mar López Sotelo, virá seguida de dúas actuacións. Ás 11.30h. Un Verso un Cantar, con Queiman e Pousa e posteriormente, ás 13.00h. o programa Un País de Bandas, do Xacobeo e da Xunta, achegará un concerto da Banda de Música da Estrada.

Todo será na Praza do Concello e para asistir é preciso facer as reservas no teléfono 982 456 377

 

22 Agosto, 2021

11:00 a.m. - 2:00 p.m.

Pantón

Ferreira, Lugo 27437 Spain
+ Google Map