Cargando Eventos

Gaña cun vídeo da vendima

Xa está en marcha unha nova actividade relacionada co turismo e a vendima. Fai un vídeo desta vendima na Ribeira Sacra e poderás gañar unha estancia de de fin de semana, bonos para ‘Mereces un respiro’ ou un voo en globo.
O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra organiza un concurso para quen se anime a visitar algunha adega nesta vendima ou presencie a recollida nalgún lugar da Ribeira Sacra, ata o 12 de outubro, e lle guste captar boas imaxes que poden rematar en agasallo.
Máis información e turismo.ribeirasacra.org , no 638823592 ou en turismo@ribeirasacra.org

16 Setembro, 2020 - 12 Outubro, 2020

Sin localización