Cargando Eventos

‘Horizontes’ en foto

Protagonista: Concello de Pantón

Bruno Taboada González expón na Casa da Cultura de Pantón a súa mostra fotográfica Horizontes. Esta escolma de imaxes tivera unha grande acollida no outono fotográfico de Chantada. O artista ourensá leva agora o resultado da súa ollada a outro punto da Ribeira Sacra. En Ferreira pódese visitar deica o 17 de decembro.

A exposición forma parte da actividade cultural que se mantén no municipio e que pronto achegará dúas novas representacións teatrais que o departamento de Cultura detallará proximamente.

18 Novembro, 2020 - 17 Decembro, 2020

Pantón

Praza do Concello s/n
Ferreira, Lugo 27430 Spain