Cargando Eventos

Igualdade á beira do Asma

O Día Internacional da Muller coincide este ano en Chantada co domingo da Feira do Viño, polo que dende o Concello aproveitaron para dedicarlle un espazo no programa da feira. Ás 12:45 h. realizarase a lectura dun manifesto e a continuación Searas farán unha breve actuación antes de dar a paso ao pregón da festa.
Durante a semana seguinte o CIM e a Concellería de Igualdade organizaron unha serie de actos. O luns, día 9 haberá un obradoiro de igualdade para rapaces -as de 3º de Primaria no CEIP Eloísa Rivadulla, o martes para 3º  e 4º no CEIP Xoán de Requeixo, o mércores lecturas teatralizadas no Espazo Xove de Chantada ás 18:00 h., o xoves proxección do documental ‘Volar’ no Auditorio Municipal ás 20:00 h., e o sábado un contacontos para nenas -os de 4 a 8 anos na casa da Cultura.

8 Marzo, 2020 - 14 Marzo, 2020

12:00 a.m. a 12:00 a.m.

Chantada

Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map