Cargando Eventos

II Feira Avícola de Sober

Protagonista: Asociación de Avicultores Artesanais da Ribeira Sacra

Se estás a buscar a última feira avícola do ano a Asociación de Avicultores Artesanais da Ribeira Sacra e o Concello de Sober organizan a II Feira Avícola o vindeiro venres día 28 de decembro coincidindo coa última feira do ano 2018 no municipio.

Terá lugar na Praza do Toural de 9 h. a 14 h. e nela haberá galiñas de ata 15 razas, entre as que se atopan as galegas Mos e Piñeira, ademais de perdices e pombas. Agardamos que se repita o éxito que tiveron na primeira edición que coincidiu coa Feira da Rosca de Sober que tivo lugar o pasado verán e que esta feira se vaia consolidando na tradición de Sober. 

28 Decembro, 2018

9:00 a.m. - 2:00 p.m.

Sober

Praza do Concello s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map