Cargando Eventos

II Foliada e cantos de taberna de Taboada

Os cantos de taberna reviven en Galicia e tamén na Ribeira Sacra. A música tradicional galega e o acercamento de mocidade e adolescentes a ela ten moito que ver coa organización deste tipo de eventos. Nestes foros cantar, tocar a pandeireta ou calquera outro instrumento e danzar ao son do ambiente faise moito máis doado e permítenos experimentar dun xeito máis desenfadado este tipo de creatividade.

Na comarca de Chantada hai unha crecente afección polas foliadas e tamén polos certames de cantos de taberna, polo que a asociación cultural Rechouchíos de Taboada repite cita.

Está convocada para o 27 de outubro. Ás seis da tarde terá lugar un pasacalles a cargo dos grupos participantes e ás sete comezarán os cantos de taberna cun percorrido por dez bares e restaurantes da vila de Taboada.

A partir das once da noite a música e os cantos soarán libres, pero organizados, nunha foliada aberta na que todas aquelas persoas apaixonadas da festa e da cultura poden participar. De xeito individual convidan levar cadaquén o seu instrumento.

O Concello de Taboada, os establecementos da vila, e sobre todo o colectivo Rechouchíos traballan para repetir por segundo ano consecutivo unha cita que xa gozou dunha gran resposta.

Para inscribirse como grupo participante nos cantos de taberna é preciso facelo a través do enderezo electrónico rechouchíos@outlook.es ou das redes sociais a través do perfil https://www.facebook.com/rechouchios.taboada

cartel evento

 

27 Outubro, 2018 - 28 Outubro, 2018

6:00 p.m. a 2:00 a.m.

Taboada

Taboada
Lugo, Spain
+ Google Map