Cargando Eventos

II OCR Wolf Survival Race

Protagonista: OCR Wolf Survival Race/ Concello de Chantada

Chantada revivirá esta fin de semana a súa segunda gran proba de carreiras de obstáculos. A Wolf Survival Race encherá Chantada de afeccionados ás OCR e de moitas outras persoas que acompañan aos e ás deportistas que gozan desta completa disciplina. A vila do Asma e o seu contorno están xa  cheos dos agardados e traballados obstáculos para facer desta unha carreira aínda máis atractiva se cabe. Un nutrido grupo de persoas de Chantada afeccionadas ás OCR , que combinan probas de velocidade, escalada,salto, forza… lograron facer hai un ano unha competición de referencia no ámbito galego e estatal e instalala neste territorio coa colaboración relevante do propio Concello ou entidades privadas coma o ximnasio Arena. Este mércores foi presentada oficialmente polo concelleiro de Deportes Diego Otero e os organizadores Néstor Quiroga e Iñaki Muñóz. Será o sábado 21 e o domingo 22 de setembro a través de zonas naturais a carón do río Asma e tamén no centro histórico da localidade.  

Máis información en: https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1799/ii-ocr-chantada-wolf-survival-race

 

 

21 Setembro, 2019 - 22 Setembro, 2019

Chantada

Chantada
Chantada, Lugo Spain
+ Google Map