Cargando Eventos

Campionato do mundo de ultra resistencia

Protagonista: Concello de Castro Caldelas
Este ano debido á pandemia o campeonato do mundo da carreira de ultra resistencia Backyard Ultra non se realizará en Tennessee e farase simultáneamente en cada país.
 A sede da carreira española será un outro ano máis en Castro Caldelas. A saída será ás 14:00 h. do día 17 de outubro.
Unha carreira sen meta. Soa estraño pero así é a Spain Backyard Ultra de Castro Caldelas. Nesta proba de ultradistancia gaña quen quede correndo en solitario pola retirada dos demáis competidores.
Hai un percorrido de 6,7 km que debe ser completado nunha hora, e quen sobrepase o tempo queda eliminado.
Non hai categorías por sexo, nin tampouco por idades.
Nada menos que 32 voltas e 32 horas seguidas correndo para completar finalmente 208 quilómetros son a marca do gañador da segunda edición da Spain Backyard Ultra, proba precedente celebrada hai unhas semanas tamén en Caldelas. O vigués Dani Corvo será un dos/as que teñan todas as olladas postas neste campionato mundial.
A gran final mundial sincronizada en 19 países. España estará representada por 15 corredres que a partir das 14,00h coa opción de lanzar a un novo campión mundial de ultrafondo dende a Ribeira Sacra.

17 Outubro, 2020

2:00 p.m.

Castro Caldelas

Praza da Torre, 6
Castro Caldelas, Ourense 32760 Spain
+ Google Map