Cargando Eventos

II Xornada O Camiño, un espazo de diáologo

A segunda xornada do Camiño de Inverno polo concello de Chantada realizarase o sábado 18 de setembro. Nesta xornada os participantes achegaranse ata o Monte faro e a aldea de Penasillás, situada aos pes da serra.
Ás 9:00 h. comezará a xornada cun paseíño dende a Alameda de Chantada polo casco vello cara a parte alta da vila, onde se collerá o autobús que levará ao grupo ata a capela do Faro.
De 10:00h. a 13:30h.  realizarase a andaina comentada ‘Montes, lobos e fontes’ . Nesta andaina participarán Miguel López, Alberto Ledo, Juanjo Álvarez e Xavier Viana aportando cada un dende o seu eido.
Ás 13:30 h. está prevista a chegada a Penasillás onde agardan uns petiscos de productos autóctonos acompañados da música da Banda de gaitas Municipal.
De 16:00 a 18:00 h. terán lugar os parladoiros no auditorio municipal. ‘Nos camiños do concello’ é o título da charla  de Ramón Otero, e ‘Cando as ‘amigas’ van de romaría e a recepción da lírica trovadoresca nas terras de Chantada’ é o da charla que exporá Tania Vázquez.
As inscricións poden facerse na Casa da Cultura de Chantada do 7 ao 16 de setembro. A andaina ten una dificultade media e recomendase levar calzado cómodo e auga.

18 Setembro, 2021

9:00 a.m. - 6:00 p.m.

Chantada

Manuel Formoso Lamas
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map