Cargando Eventos

Infancia activa no verán de Nogueira de Ramuín

O Concello de Nogueira xa ten organizada a programación do campamento para nenas e nenos deste verán. As actividades terán lugar entre xullo e agosto. A proposta da axenda inclúe xincanas, multideporte, manualidades, xogos de auga. A empresa encargada da organización será de novo Ociosaugal coas medidas COVID necesarias en cada momento. Máis información sobre datas e tarifas en Servizos Sociais ou no Departamento de Cultura do Concello, en horario de 08:30 a 15:00 h. de luns a venres (sempre que sexa posible con cita previa) ou chamando aos teléfonos

988 201122 ou 988 201023

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 25 de xuño de 2021.

9 Xuño, 2021 - 25 Xuño, 2021

Nogueira de Ramuín

Luintra, Ourense 32160
+ Google Map