Cargando Eventos

Presentación do Informe para unha Cultura Sustentable

Protagonista: Consello da Cultura Galega

Unha cultura ao servizo da transición socioecolóxica e un sector cultural sustentable parecen un debate útil en tempos de mundanzas. Este xoves, 8 de xullo, en Monterroso presentarase un informe baixo o lema “ a cultura, cuarto piar da sustentabilidade” co obxectivo de espallar a idea de que é necesario incorporar a cultura ás dimensións social, ambiental e económica da sustentabilidade.

O informe cultura e sustentabilidade reúne conversas e datos extraídos de distintas experiencias e proxectos culturais como Aeca da Noe, Brigadas Deseucaliptizadoas, Festival Agrocuir da Ulloa, Festival de Cans, Festival de partidñas/Xermolos, Rede Aldear, Rede Galega de Sementes, rede polo patrimonio Cultural, Rural Mutante e a Canle Ribeira Sacra, este noso medio.

O estudo, empurrado polo Consello da Cultura Galega, propón cinco recomendacións para activar unas políticas públicas activadoras do cambio e para ser máis útil na realidade, a través dun cuestionaropo, calquera persoa ou colectivo poderá medir, mediante un sistema de semáforo o nivel de cumprimento dos 14 puntos definitorios dunha cultura sostible.

O acto comezará ás 18.00h. na Praza do Froito e contará coa presenza no inicio da alcaldesa de Monterroso, Rocío Seijas. Estará presente a Presidenta co Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, o responsable do Informe, Fran Quiroga xunto con integrantes de colectivos que achegaron información ao devandito informe. Ao remate do acto terá lugar unha foliada coa asociación cultural Falcatrueiros de Monterroso.

8 Xullo, 2021

6:00 p.m. - 8:00 p.m.

Praza do Froito
Monterroso, Lugo Spain
+ Google Map