Cargando Eventos

Iniciación á cata de viño

Protagonista: Concello de Taboada
O viño gústalle a moita xente, pero una gran parte dos afeccionados/as a este tesouro líquido descoñecen o mundo da enoloxía e da viticultura. Para as persoas interesadas en profundar neste apaixonante mundo a Consellería do Medio Rural, a través de AGACAL organiza unha serie de catas de iniciación.
O cursiño comprende unha parte teórica centrada nas peculiaridades das subzonas da Ribeira Sacra  e una parte teórco-práctica centrada nas diferentes partes que compoñen unha cata.
O martes 21 de setembro, en horario de 17.30 a 21:30h. celebrarase en Taboada. Para anotarse pódese cubrir unha solicitude na web https://mediorural.xunta.gal e remitila ao correo formación.agacal@xunta.gal . Para máis información poden chamar ao 881 997 279.

21 Setembro, 2021

5:30 p.m. - 9:30 p.m.

Taboada

Av. de Lugo 57-59
Taboada, Lugo 27550 Spain
+ Google Map