Cargando Eventos

Interritmos Sons do Rural, experiencia en Vilachá

A mañá do sábado será de cultura, etnografía, arqueoloxía, música tradicional, viño e gastronomía en Vilachá de Salvadur. A experiencia arqueolóxica guiada Adegas da Memoria iniciará ás 13.00h. a programación que virá seguida da actuación da Banda Folk Ribas de Sil 3.0.

Ás 13.45 Xavier Díaz, pandereteiro e música falará sobre os novos camiños para a transmisión dixital da música tradicional/ de raíz. ás 14.30 h. terá lugar a actuación do grupo gañador do Interritmos Sons do Rural, a Charanga Trébede. Ás 15.00h. de gustación de produtos locais.

9 Outubro, 2021

1:00 p.m. - 4:30 p.m.

Pobra do Brollón

Abelaira, Vilachá de Salvadur
Pobra do Brollón, Lugo 27330
+ Google Map