Cargando Eventos

Intervención de luz sobre a Igrexa de San Miguel de Eiré

Protagonista: A Plantación

O Románico é un dos maiores tesous da Ribeira Sacra e o Concello de Pantón posúe un vasto patrimonio deste tipo, entre o que destaca a Igrexa de San Miguel de Eiré en O Mosteiro. O día 24 de novembro as paredes desta igrexa serán un soporte sobre o que poderemos ver cervos ceives. Esta é parte da proposta creativa do asturiano Javier Riera, artista cunha ampla traxectoria no campo da intervención artística en entornos naturais. Con esta peza busca ‘invocar aos animais como facían os e as nosas antecesoras para xerar lazos de empatía, e con iso reflexionar sobre a supervivencia en relación á natureza’. Detrás desta proposta están o Concello de Pantón e A Plantación , un espazo de pensamento e creación a través das artes. Colabora tamén o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra cunha degustación dun viño da D. O no local sociocultural do Concello ás 20h. Unha evocadora propsota de sobre o cruce natureza-cultura que vos recomendamos.

24 Novembro, 2018

7:00 p.m. - 9:00 p.m.

Pantón

O Mosteiro, Lugo
Pantón, Lugo 27438 Spain
+ Google Map