Cargando Eventos

IV G.P. Máster Ribeira Sacra de ciclismo

O 23 de maio volve o ciclismo de competición ás estradas da Ribeira Sacra. Escairón, O Saviñao, será partida do  IV Gran Premio Máster Ribeira Sacra. O club Ciclista Chantadino organiza unha nova cita para as categorías Master 60, 50, 40 e 30. A carreira partirá ás 11.00h. só para deportistas federados e a data límite de inscrición é o 19 de maio. O Campionato de Estrada Master terá un límite de 200 participantes e conta co apoio de Ciclismo Galego, os concellos e Chantada e O Saviñao, A Xunta de Galicia e moitos outros patrocinadores, na meirande parte negocios da comarca.

 

O Saviñao

O Saviñao Lugo Spain
+ Google Map