Cargando Eventos

Jazz no Casino

Protagonista: Ateneo Casino Lemos

O Ateneo Casino de Monforte ofrece unha nova cita musical, desta volta de  jazz con David Regueiro Quartet. Será este sábado 26 ás 21:00 h no Salón de  Xogos do Ateneo.  

O cuarteto de jazz David Regueiro Quartet son Pablo Castaño no saxo, David  Regueiro na guitarra e composición, Alfonso Calvo no contrabaixo e Segio  González na batería. 

Interpretarán temas do seu traballo discográfico O Camiño, presentado en  xaneiro deste ano da man de Fundación Vicente Risco e Xacobeo 2021. 

O Camiño está formado integramente por composicións orixinais e inspírase  na música tradicional sen perder a esencia jazzística dun cuarteto que explora  novos camiños pola ruta da tradición. 

Todas as músicas deste novo traballo foron interpretadas coa guitarra “Maruxa  Vieira”, unha peza deseñada e construída especialmente para este proxecto  polo luthier Carlos Sabrafén. 

O prezo do concerto son 3€ para socios do Ateneo e 5€ para non socios. As  reservas fanse no teléfono do Ateneo (648 435 033). Haberá servizo de bar  durante o concerto.  

26 Xuño, 2021

9:00 p.m. - 10:00 p.m.

Monforte de Lemos

Avenida de Galicia
Monforte de Lemos, Lugo 27400 Spain
+ Google Map