Cargando Eventos

Lois Pereiro, homenaxe expansiva en liña

Protagonista: Ateneo Casino Lemos

O Ateneo Casino de Monforte ten en marcha unha homenaxe ao escritor monfortino Lois Pereiro para conmemorar o 25 aniversario da súa morte.
A campaña ’25 anos con Lois Pereiro’ lanzouse en redes este martes 16, día do nacemento do poeta, cunha serie de vídeos nos que participan máis de 30 persoas da cultura galega. O Ateneo Casino busca “seguir enchendo as redes da poesía de Lois Pereiro chamando á participación de quen se queira sumar”.
Dende a organización animan á xente a facer os seus propios contidos tributo ao poeta monfortino e subilos ás redes baixo o cancelo #LP25anos. Tamén poden mandalos para que o Ateneo se encargue de subilos ás súas redes. Pódense enviar a
ola@ateneocasino.gal ou por WhatsApp ao teléfono 648435033.
A conmemoración de 25 anos con Lois Pereiro pretende ser un acto expansivo centralizado no Ateneo Casino que se estenderá ao longo do ano e incluirá accións presenciais en toda Galicia no caso de que a pandemia e as restriccións sanitarias o permita

A homenaxe a Lois, xunto á conmemoración do Ano Xacobeo vencellado ao Camiño de Inverno e o debate arredor da declaración da  Ribeira Sacra  como Patrimonio da Humanidade, serán as principais liñas de programación na nova etapa do Ateneo Casino como centro cultural inclusivo para Monforte e Terra de Lemos.

18 Febreiro, 2021 - 30 Xuño, 2021

Monforte de Lemos

Spain